Saturday 18 de May de 2024

Setenta sendeiristas coñeceron en Touro a ruta ‘Fervenza das Hortas/Santa Marta-Ponte Basebe’ do Programa Goza do Ulla


 

Un grupo de setenta sendeiristas procedentes de diferentes puntos da xeografía galega percorreron e coñeceron hoxe a ruta de sendeirismo ‘Fervenza das Hortas/Santa Marta-Ponte Basebe’, do programa Goza do Ulla 2018. A ruta discurre na súa totalidade pola beira do Ulla e está ubicada no Concello de Touro.

Os sendeiristas, que saíron ás 9.30 da mañán de Fonte Díaz, percorreron o novo roteiro xa homologado PRG 233 ‘Unindo camiños a través do Ulla-Fervenza e Santa Marta (Hortas)/desembocadura do río Lañas no Ulla’ e ao rematalo conectaron coa PRG 121 ata Ponte Basebe.

Pese ao anuncio de chuvia durante a mañán, o día estivo frío e caeron unhas gotas, pero os excursionistas poideron facer a fermosa ruta.

Todos os caminantes coincidiron nas fermosas paraxes que presenta esta ruta pola beira do Ulla. Ao remate da ruta fixeron unha visita para coñecer o petroglifo de Pena Furada e o Pazo de Andeade.

Algúns sendeiristas levaron a súa cámara fotográfica para facer fotografías e poder participar no concurso fotográfico ‘Touro en Imaxes’. Despois da ruta os participantes comeron no Pazo de Andeade ou no Parrillada Remesquide. Foi unha xornada intensa e que serviu para disfrutar da natureza de Touro.